Cinco regalos diferentes para sorprender os que máis queres

Os Reis Magos están á volta da esquina e aínda che faltan regalos? Don’t panic! Propoñémosche cinco ideas diferentes para sorprender os teus.

  • Regala moda. Un capricho para os amantes da moda: unha cita exclusiva co noso estilista para elixir entre análise de cor, análise de silueta ou sesión de shopping. Outro dos servizos que ofrece O Vestidor de Marineda City son as sesións de gardarroupa, nas que che axudaremos a optimizar o teu armario e a sacar o máximo partido das túas pezas de roupa (mínimo dúas sesións); ou a creación dun libro de estilo totalmente personalizado con consellos e ideas para que proxectes a imaxe que sempre quixeches segundo os teus gustos, a túa profesión e a túa personalidade (mínimo dúas sesións). Dispoñemos de bonos regalo para unha sesión (45 €) ou packs de 10 sesións con desconto. Infórmate no 881 888 888.
  • Regala música. Se queres sorprendelo cun regalo dos que deixan pegada, achégate a Live Music the School e faite cun bono para aprender a tocar un instrumento, cantar ou bailar. Só tes que indicar a idade e o gusto musical e os profesionais da nosa escola asesorarante para que atopes o regalo perfecto. Ideal para pequenos e maiores. Se necesitas máis información, podes contactar coa escola no teléfono 881 967 190.
  • Regala cine. Os cinéfilos gozarán seguro dos packs que prepararon en Cinesa Marineda City para gozar das mellores estreas ao grande. O pack protagonista inclúe dúas entradas, unha cunca e un menú de cine. Ou, se o prefires, podes levar unha tarxeta regalo con 20 € para trocar no despacho de billetes ou no bar.
  • Regala Depor. O regalo perfecto para os deportivistas: no estand de ampliación de capital situado en Marineda City poderás facer packs de regalo que inclúen accións do Real Club Deportivo xunto con produtos oficiais: camisetas, kits infantís, perfumes, reloxos ou gravatas. Que mellor que unha pequena parte do equipo dos seus amores?
  • Regala unha escapada. Unha opción ideal para os que necesiten un pequeno descanso da rutina: no Hotel Carrís Marineda dispoñen de varios paquetes de promoción que inclúen aloxamento e diferentes opcións de lecer en Fan Square, Karting Marineda ou Termaria Casa del Agua. Resérvaos aquí.