Comeza unha nova edición da Factoría de Pilotos de Karting Marineda

A selección final terá lugar no Circuíto de Fernando Alonso

Karting Marineda, xunto coa Escudería Trukart Motorsport, quere seguir dando a oportunidade aos máis novos de iniciarse no mundo da competición e por iso puxeron en marcha unha nova edición da Factoría de Pilotos que nesta ocasión conta cunha importante novidade: e é que os responsables do Karting chegaron a un acordo de colaboración co Circuíto de Fernando Alonso.

En virtude deste, os pilotos preseleccionados realizarán a selección final nun kart de competición no que está considerado como un dos mellores circuítos de karting do mundo.

Así, as probas estarán divididas en dúas: unha fase de preselección que terá lugar en Karting Marineda os días 22 e 29 de xaneiro e a final o 12 de febreiro no Circuíto de Fernando Alonso.

A inscrición para a primeira fase inclúe clase teórica e práctica e pode realizarse desde xa na web do karting ou no propio circuíto. Os pilotos que logren os mellores resultados poderán participar na final en Asturias, que incluirá unha visita ao Museo de Fernando Alonso, clase teórica e entrevista persoal.

Dela sairán elixidos 6 novas promesas que recibirán unha beca para participar nunha proba do Campionato de Asturias de Karting.

Da canteira de pilotos de Karting Marineda saíron figuras tan importantes como Adrián Vázquez, actual campión galego da categoría X30 Junior e tamén campión no propio Karting Marineda da primeira Carreira de Campións deste ano 2016. Desta forma, a Factoría de Pilotos consolídase como a mellor plataforma de lanzamento para mozos que queiran iniciarse no mundo da competición.

¡Está na túa man entrar no mundo do karting de competición pola porta grande!