Featured Video Play Icon
 

O concerto de Antonio Orozco recadará fondos para o ONG Educo

O 6 de xullo será unha data para o recordo: será o día no que poderemos gozar en directo da voz e o carisma de Antonio Orozco e, ademais, colaborar coa mellor das causas. E é que, durante o concerto, que será gratuito, un grupo de voluntarios repartirá pulseiras solidarias co fin de recadar fondos para a ONG Educo, dedicada á defensa e protección dos dereitos da infancia a través do apadriñameento, o financiamento das bolsas comedor e a cooperación internacional.

As pulseiras tamén poderán conseguirse desde o 28 de xuño e o 6 de xullo, día do concerto de Antonio Orozco, en Marineda City, onde os voluntarios de EDUCO ofrecerán información sobre o labor da organización e recadarán fondos para o proxecto de bolsas comedor, que garante a nenos de familias necesitadas en España unha comida completa ao día. Ademais, desde o 27 de xuño celebraremos talleres de debuxo con voluntarios da organización nos que os máis pequenos poderán aprender sobre os dereitos da infancia á vez que pasan un momento divertido.

Os debuxos realizados polos nenos formarán parte dunha exposición na que os visitantes tamén poderán gozar dunha viñeta do famoso ilustrador Luís Davila que a cederá de forma gratuita para colaborar coa recaudación de fondos.

Verán en Marineda City: isto é vida!
Co concerto solidario de Antonio Orozco arrinca a nosa programación de verán na que teremos actividades para todos os públicos e na que a música, a gastronomía e o deporte serán os protagonistas.

Do 14 de xullo ao 19 de agosto o centro comercial terá un ano máis o único Skimpark de Galicia, un espazo no que practicar skimboard, unha disciplina derivada do surf e o skate que consiste en deslizarse nunha táboa sobre unha superficie de auga de poucos centímetros realizando trucos e xiros. Tamén do 14 xullo ao 19 de agosto a praza exterior albergará unha pista multisport para a práctica de diferentes disciplinas deportivas como futbol, voleibol, baloncesto e tenis. A continuación, do 27 de agosto ao 2 de setembro, será a quenda dos afeccionados ao skate, que poderán practicar o seu deporte favorito nas pistas que teremos na praza exterior.

Plateselector Food Tour
Coincidindo co concerto de Antonio Orozco e ata o 8 de xullo, a praza exterior acollerá unha nova edición do Plateselector Food Tour, un evento que achegará á Coruña a algúns dos mellores foodtrucks nacionais. Estarán acompañados da oferta de restauración de verán da praza exterior de Marineda City: Custom Box e Bico de Xeado.