Demostra que es un verdadeiro fan e leva un disco asinado polo teu artista favorito

Seguro que ti tamén estás desexando que chegue o 2 de setembro para gozar da música de Iván Ferreiro, Anni B Sweet, La Bien Querida, Ángel Stanich e Sensacional no Festival Marineda Unplugged. Será unha noite máxica, un concerto íntimo, acústico e imprescindible no que poderemos escoitar a algunhas das voces máis carismáticas do pop independente.

Mentres esperamos a que chegue o día sinalado, propoñémosvos un xogo: a partir de mañá e ata o xoves 1 de setembro, en www.facebook.com/centrocomercialmarinedacity iremos facendo preguntas sobre cada un dos artistas participantes no Marineda Unplugged. Teredes ata o día seguinte para responder e, se a resposta é correcta, participaredes no sorteo dun disco asinado.

Así que xa sabes, atento ao noso Facebook, demostra que o sabes todo sobre os teus artistas favoritos e leva un disco asinado!