E ti, por que apagas?

Como xa vos contamos, un ano máis sumámonos  á Hora do Planeta, unha iniciativa global que ten como obxectivo concienciar sobre o cambio climático e a importancia de velar polo noso ben máis prezado: a terra.

Nesta ocasión, desde A Hora do Planeta anímannos a elixir unha razón para apagar a luz co lema #EuApagoPor. O certo é que sobran os motivos, pero decidimos elixir un que por desgraza este ano tocou moi de cerca: os incendios. E é que co cambio climático, xa non son cousa do verán. Por iso, este ano apagamos por non ver arder os nosos bosques, montes e pobos.

A hora do planeta

A Hora do Planeta é a maior iniciativa global en defensa do medio ambiente. O pasado ano participaron miles de cidades de 187 países do mundo que apagaron máis de 12.000 monumentos e edificios emblemáticos, unindo a cidadáns, empresas, concellos e institucións para, entre todos, cambiar o cambio climático.

Desde Marineda City, ademais de participar como empresa colaboradora, o 24 de marzo, ás 20.30h, unímonos a millóns de persoas en todo o mundo nun apagón simbólico en defensa do medio ambiente.

E ti, por que apagas? Sumate á campaña en redes sociais co hashtag #EuApagoPor e difunde a mensaxe! Se queres saber máis sobre A Hora do Planeta, invitámosche a visitar www.horadelplaneta.es