É un bar? É un colector marítimo? Non, é Custom Box!

1 de Xullo de 2016

Sabedes que en Marineda City encántanos estar á última e achegarvos os proxectos máis innovadores. Por iso, acabamos de incorporar á nosa oferta de restauración un novo espazo: Galician Food, o primeiro proxecto da empresa galega Custom Box é un “street bar container”, unha orixinal proposta hostaleira baseada nun colector marítimo acondicionado.

Neste divertido local, situado fronte a Decathlon, poderedes degustar ata mediados de setembro unha deliciosa carta protagonizada por produtos galegos, na que destacan a tosta de polbo con queixo; a tosta de chicharrones con queixo fresco; as croquetas caseiras; as hamburguesas gourmet de tenreira e de galo celta, ou o bocadillo de ovos ecolóxicos de Mos con chourizos.

O local, que conta cunha terraza para gozar da praza exterior do centro durante estes meses de verán, acollerá tamén promocións de produtos galegos, como demostración de corte de xamón e degustación de patés de marisco, ademais de catas de cervexas e viños.