Esta Navineda, atopa o regalo perfecto na cidade da moda, o ocio e o deporte

En Marineda City, o centro comercial máis grande de Galicia, invitámosche a descubrir a Navineda, unha época chea de ilusión para gozar cos que máis queres.

Situado á entrada da cidade da Coruña e con acceso directo desde a autopista, en Marineda City atoparás a inspiración que necesitas para os teus agasallos: se che gusta a moda, poderás ver as últimas tendencias en Zara, H&M, Springfield, O Corte Inglés e moitas máis; se o teu é o fogar e a decoración, atoparás o que buscas en establecementos como Leroy Merlin, Tiger ou Conforama, e se es un adicto á tecnoloxía, seguro que estás desexando botar unha ollada ás novidades de Media Markt.

Os amantes do deporte non podedes perder de vir coñece a nosa zona de moda e deporte na planta 1, un área de máis 3.500 metros cadrados dedicados exclusivamente á moda deportiva con tendas como Coolligan, Canterbury, Urban Jungle, Oteros, Sprinter, a Deportienda, Fimsbury, Vivexperience e o ximnasio Rockgym.

Se o que buscas é un agasallo diferente, no noso mercado de Nadal atoparás artesanía de Galicia, turróns e doces artesanos… Ademais, para que non teñas que te preocupar por nada, dispoñemos dun servizo gratuito de empaquetado.

Plans en familia
Con máis de vinte restaurantes, karting, bolera e un hotel de 4 estrelas da cadea Carrís, Marineda City é un destino perfecto para unha escapada en familia: dispoñemos de club infantil e unha ampla oferta de moda e calzado para os máis pequenos da casa, con tendas como Bubo, Pablosky & Friends, Gocco ou Mayoral, e xoguetes; ademais de servizos pensados especialmente para eles. Tamén poderedes gozar de nosa xa tradicional pista de xeo na praza exterior e das visitas de Papá Noel, o Carteiro Real e os Reis Magos.

Todos os servizos
En Marineda City queremos que goces ao máximo da túa visita e que vivas unha experiencia con todas as comodidades; por iso, deseñamos servizos pensados para ti: caixeiros automáticos, prazas de aparcamiento para familias, gardarroupa, punto de recarga de móbiles…

Nos puntos de información proporcionarémosche un directorio con toda a información sobre o centro: planos, tendas, servizos, así como un mapa da cidade. E se o teu é levar todo o que necesitas no móbil, non hai problema! Descarga a nosa app, na que poderás consultar a ubicación dos diferentes establecementos, memorizar a túa praza no parking ou decatarche de todas as nosas novidades. Tamén poderás beneficiarte dunha chea de ofertas e promociones grazas a nosa City Card Tourist: só tes que solicitala nos puntos de información ou a través da nosa app móbil.

¡Ven a descubrir a Navineda!