Este outono, regálate unha escapada

25 de Setembro de 2017

Planeando unha escapada de outono? Ven coñecer o centro comercial máis grande Galicia: máis de 180 tendas, restaurantes cine, karting, bolera, parque infantil e un hotel de 4 estrelas para que poidas organizar un fin de semana perfecto e gozar do mellor shopping con marcas como IKEA, Zara, H&M, Decathlon, Footlocker, Adidas, Primark, O Corte Inglés, Media Mark…

Situado á entrada da cidade da Coruña e con accesos directos desde a autopista, en Marineda City poderás descubrir as últimas tendencias da moda, atopar todo o que necesitas para o teu fogar ou para practicar o teu deporte favorito e pasar un día perfecto en familia, en parella ou con amigos: sexas como sexas, temos un plan para ti. Na nosa planta de lecer e restauración sorprenderémoste cunha chea de actividades para te divertir e unha oferta de restauración a proba dos padales máis esixentes.

Zona de moda e deporte

En Marineda City poderás atopar tamén todo o que necesitas para o deporte nun área exclusiva de 3.500 metros cadrados que reúne no mesmo espazo a marcas internacionais, nacionais e locais especializadas en moda deportiva, entre as que están Coolligan, Oteros sneakers for all, Sprinter, Canterbury, Urban Jungle, Fimsbury ou a Deportienda, ademais dun ximnasio da cadea Rock Gym.

Unha fin de semana perfecta

Dispoñemos dun hotel de catro estrelas da cadea Carrís no que te podes aloxar se vés pasar uns días na nosa cidade. E si viaxas desde outro país, nos nosos puntos de información indicarémosche como solicitar a devolución do IVA para que aforres nas túas compras.

Nos puntos de información proporcionarémosche un directorio con toda a información sobre o centro: planos, tendas, servizos, así como un mapa da cidade. E se o teu é levar todo o que necesitas no móbil, non hai problema! Descarga a nosa app, na que poderás consultar a ubicación dos diferentes establecementos, memorizar a túa praza no parking ou estar ao tanto de todas as nosas novidades. Pica aquí se o teu teléfono é Android ou aquí se é un Iphone para conseguila.

Tamén poderás beneficiarte dunha chea de ofertas e promocións grazas a nosa City Card Tourist: só tes que solicitala nos puntos de información ou a través da nosa app móbil.

Servizos pensados para ti
En Marineda City queremos que goces ao máximo da túa visita e que vivas unha experiencia sen agobios e con todas as comodidades; por iso, deseñamos servizos pensados para ti: persoal shopper, caixeiros automáticos, prazas de aparcamiento para familias, punto de recarga de móbiles…

Se vés con nenos, prestámosche unha sillita ou unha mochila para que pasees con eles cómodamente e contamos con aseos infantís, salas de lactancia e cambiadores de bebés. Tamén dispoñemos dun servizo de préstamo de cadeira de rodas e de scooters eléctricas para persoas con movilidad reducida.

Benvidos á outra cidade!