Featured Video Play Icon

Estreamos campaña!

27 de Marzo de 2018

Gústanos desfrutar de momentos únicos e irrepetíbeis: esas pequenas cousas da vida cotiá que che fan esbozar un sorriso, que te enchen de emoción ou que che fan a vida máis doce. Eses momentos son os que definen o leit motiv da nosa nova campaña #livinglife, na que te invitamos a ver a vida desde unha óptica chea de optimismo e vitalidade.

En Marineda City atoparás as mellores marcas de moda para que poidas #serfielsóoatimismorestaurantes, cafeterías e as últimas tendencias foodies para descubrir o auténtico #saborávidatola; todo o que necesitan ese pequenos que son #rebeldespornatureza e establecementos de lecer que te farán sentir #mozoparatodaavida. E como sabemos que #nonéatúacasaéoteufogar, invitámoste a decorar a túa vida ao teu estilo con establecementos como IKEAConforamaLeroy Merlin ou Tiger. Un estilo de vida no que o deporte ten un papel fundamental: e é que #aquíoesforzotenrecompensa.

Creada pola axencia galega IMAXE, a campaña está protagonizada polo compostelano Alejandro Caeiro; a vallisoletana María López; a viguesa Lucía Cifuentes; a pontevedresa Silvia Filgueira; a nena coruñesa Paula Cundis, e o polaco afincado en Moaña Wojciech Adam.

Esperamos que vos guste!