Featured Video Play Icon
 

Fai realidade o peluche dos seus sonos con IKEA

Gustaríache ver o debuxo do teu peque nun peluche de verdade? IKEA pon en marcha a IV Edición do Concurso Internacional de Deseño de Peluches, no que nenos de moitos países enviarán os debuxos do peluche dos seus soños. De entre todos eles, seleccionaranse cinco que se farán realidade.

Poden participar nenos ata 12 anos: para facelo, só teredes que recoller o modelo na zona infantil Smaland de IKEA Marineda (ou, se o prefires, podes descargala aquí) e, unha vez realizado o debuxo, entregalo de novo na tenda ata o 30 de novembro.

Trátase, ademais, dun concurso solidario, xa que por cada debuxo recibido IKEA doará 1€ á Fundación Menudos Corazones, unha organización sen ánimo de lucro que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas cunha cardiopatía conxénita e as súas familias.

Brunch solidario

Tamén podes traer aos teus peques á sesión de debuxo que terá lugar en IKEA Marineda City o sábado 25 de novembro, no que todos os asistentes poderán crear o seu deseño para o concurso. E ao finalizar, haberá un brunch para repoñer forzas!