Fans da bricolaxe e a decoración!: Leroy Merlin chega a Marineda

5 de Xullo de 2016

Amantes da bricolaxe e a decoración, esperamos que esteades preparados, porque mañá, 6 de xullo, abre as súas portas en Marineda City Leroy Merlin, que se suma á oferta de establecementos dedicados ao fogar existente no centro comercial.

Con entrada polo noso aparcadoiro, á túa disposición terás máis de 7.500 metros cadrados cunha variada oferta de decoración, bricolaxe, xardinería e construción ideada pola cadea de bricolaxe para mellorar a calidade de vida dos seus clientes, axudándolles a crear fogares máis persoais, prácticos, cómodos, seguros e sustentables.

Leroy Merlin é pioneira en España no desenvolvemento do estilo de vida Do it yourself (Fágao vostede mesmo) e conta, ademais, cos servizos e apoio necesarios para a realización de proxectos en decoración, baños e cociñas. Achégate, non perdas de vir ao universo Leroy Merlin e aproveita a oferta do 15% en toda a tenda como motivo da apertura!