Felicidade, que bonito nome tes!

Sabías que este domingo celébrase o Día Internacional da Felicidade? Trátase dunha data instaurada pola ONU para lembrar que “a procura da felicidade é unha meta fundamental”

En Marineda City quixemos sumarnos a esta data tan sinalada engalanando o centro con globos con smilies. Ademais, durante esta fin de semana os compañeiros dos distintos establecementos lucirán chapas riseiras para lembrar que sempre hai un motivo para ser feliz. E mañá, sábado, repartiremos chapas e globos entre todos os que vos acheguedes visitarnos. E é que, como se adoita dicir, un sorriso non custa nada, pero vale moito.

O reto dos 1000 sorrisos

Pero como a felicidade compartida mola máis, quixemos levar un pouco da nosa e a vosa a aqueles que están a pasar por unha situación difícil: por iso, por cada sorriso que compartades nas redes sociais, doaremos 1€ á Cociña Económica da Coruña. Súmaste ao reto?

  • En que consiste en reto
    Conseguir 1.000 sorrisos que se traducirán nunha doazón de 1.000€ para a Cociña Económica da Coruña. Para apoiar esta iniciativa solidaria, só tes que sacarcte unha foto sorrindo e compartila nas redes sociais.
  • Como participo
    A través de Facebook: entra nesta ligazón, pulsa en participa e sobe a túa foto
    A través de Twitter e Instagram: comparte a túa foto co hashtag #Reto1000sorrisos
  • Cando participo
    Podeste sumar ata o 31 de marzo ou ata que se consiga o reto. Marineda City doará 1€ por cada fotografía rexistrada ata un máximo de 1.000€