A firma de moda infantil Canada House estará ata xullo na nosa Pop Up

31 de Marzo de 2017

A firma de roupa para os pequenos Canada House, con máis de 40 tendas na península e Canarias, súmase á oferta de moda infantil de Marineda City. Ata o próximo 15 de xullo, esta firma española estará na nosa Pop Up (planta 0, zona praza Elíptica).

Apaixonados polo detalle, a marca aposta pola mestura de tradición e vangarda e polo uso de materiais naturais, que denotan a súa preferencia pola simplicidade e polo auténtico.

Na súa nova tenda de Marineda City, atoparedes pezas con alma para os máis pequenos da casa: e é que o traballo ben feito, a creatividade e o empeño en contribuír con deseño e calidade ao desenvolvemento dos nenos son os acenos de identidade desta marca con paixón por crear, colorear e compartir.

Así que xa sabes, se buscas un look orixinal e divertido para os teus peques, pasa a descubrir os seus deseños na planta 0 de Marineda City: seguro que non te defraudan!