Fútbol Emotion: a tenda de fútbol máis grande da Coruña

Futboleiros e futboleiras: estades de noraboa! E é que Fútbol Emotion acaba de abrir un novo establecemento en Marineda City no que atoparedes o maior catálogo de botas, luvas, zapatillas de fútbol sala, camisetas e accesorios para o futbolista e o afeccionado.

Situada na zona de moda e deporte, na planta 1, a nova tenda de Fútbol Emotion dispón de 250 metros cadrados dedicados ao deporte rei, converténdose así na tenda de fútbol máis grande da Coruña. Ademais, a marca utilizou neste local solucións tecnolóxicas que permitirán ao cliente completar a experiencia de compra con actividades de lecer, como poden ser xogos de realidade virtual, entre outros.

A incorporación de Fútbol Emotion reforza así a oferta deportiva de Marineda City, que conta con marcas como Décimas, Decathlon, Deportienda, Fimsbury, Oteros, Sprinter e Urban Jungle, así como a tamén recientemente inaugurada Tiro Libre, dedicada ao baloncesto e da que vos falaremos nun próximo post.