Goza gratis da mellor música de cine

14 de Setembro de 2016

Gústanche a música e o cine? Pois toma nota, porque o próximo 15 de outubro tes a oportunidade de gozar dun espectáculo único que une como nunca as túas dúas paixóns. E é que esta é a data na que o #FSOTour2016 recala na Coruña tras sorprender a centos de espectadores en Madrid e Barcelona.

Como recordaredes, o pasado mes de xullo sorteamos 1 entrada dobre para o show e, tras o éxito de participación, ¡decidimos repetir! Si queres vivir gratis o concerto que a Film Symphony Orchestra ofrecerá na nosa cidade segue moi atentamente o noso Facebook porque imos sortear unha entrada dobre para que dúas de vós poidades escoitar en directo a mellor música de cine.

Con bandas sonoras de películas emblemáticas como “Cinema Paradiso”, “Gremlins” ou “Harry Potter” e novidades como “O cabaleiro escuro” ou “O espertar da forza”, o #FSOTour2016 chega con máis forza que nunca para ofrecer un evento que aúna cultura, arte e espectáculo.

Apetece? Pois xa sabes! Permanece moi atento ao noso muro e ¡moita sorte!

Consulta toda a información sobre o concerto en http://filmsymphony.es/ e as bases do sorteo neste enlace.