Summer-Marineda

Gozar a tope do verán é moi Marineda!

19 de Xuño de 2019

O verán está por chegar e con el chegan os festivais, as actividades ao aire libre, as vacacións e o tempo de gozar cos amigos ou en familia… E como vivilo ao máximo é moi Marineda, temos unha chea de plans que estamos desexando compartir con todos vós.

Marineda Fest

O Summer Marineda comezará oficialmente o 11 de xullo con Marineda Fest, un festival gratuíto e solidario en favor da Fundación Meniños que reunirá sobre o mesmo escenario a tres grandes da escena musical galega e nacional: Pardo, Iván Ferreiro e Xoel López. Ademais, durante todo o fin de semana a nosa praza encherase de food trucks para degustar a mellor street food. Os pequenos e pequenas da casa tamén terán actividades especialmente pensada para eles: o venres o sábado os grupos máis chulos da escena infantil estarán en Marineda grazas ao Festival Deleite. Ademais, contaremos coa presenza do periodista musical Javier Becerra, que les descubrirá a historia do pop de forma amena e divertida. Seguide atentos, porque irémosvos desvelando todos os detalles do que promete ser unha fin de semana inesquecible!

Experiencia Ninja

Do 22 de xullo ao 10 de agosto chega a Marineda Experiencia Ninja, unha experiencia multiaventura onde os participantes poderán desenvolver as capacidades necesarias para ser un auténtico ninja: rapidez, axilidade, flexibilidade, destreza… Situado na praza exterior, trátase trata de un inchable de máis de 70 metros con diferentes retos e obstáculos adaptados a todas as idades: corredor de obstáculos, tobogán, bolas tolas… Ademais, haberá talleres no que os asistentes poderán crear os seus propios elementos ninja como antefaces, estrelas de origami, brazaletes.

A mellor oferta comercial e de lecer

En Marineda City tamén atoparedes as mellores tendas, con marcas como a firma de decoración Maisons du Monde (planta 0) ou a brasileira Havaianas (planta 1), que hai pouco se sumaron a unha oferta comercial que conta con preto de 200 establecementos de moda, fogar e tecnoloxía, unha zona exclusiva dedicada ao deporte e outra aos máis pequenos da casa.

E para aproveitar o bo tempo durante as vosas xornadas de compras, nada mellor que un pequeno descanso na terraza de Custom Box, situada na praza exterior ou probar os xeados de fabricación galega de Bico de Xeado, que nos acompañarán durante o período estival.

Apptualízate e non perdas detalle!

Se queres estar ao día de todo o que pasa en Marineda City e non perder ningún detalle, non deixes de descargar a nosa aplicación móbil, dispoñible para Android e iOS, grazas á cal estarás permanentemente informado da nosa axenda; beneficiaraste de servizos exclusivos e atoparás á primeira calquera tenda ou evento coa súa función de xeolocalización.