A Gramola Gominola, Paco Nogueiras e Pablo Díaz, protagonistas da nova programación de Fun & Friday

Este verán, a diversión continúa en Marineda City co noso ciclo Fun & Friday, un programa de espectáculos culturais gratuítos para toda a familia co que queremos facer do venres un día especial para desfrutar de toda a oferta de ocio, restauración e moda do centro.

A música, o teatro, a maxia, os monicreques e os contos serán os protagonistas das tardes dos venres, cunha programación que contará con grupos e artistas como A Gramola Gominola, Paco Nogueiras e Pablo Díaz, que, tras o éxito da súa actuación no mes de abril, chega a Marineda con disco novo baixo o brazo.

Ademais, cada venres teredes a oportunidade de gañar entradas para os nosos establecementos de ocio: para participar, só tedes que gardar os tickets das compras realizadas os venres en calquera dos nosos establecementos comerciais por valor de 15€ ou máis e presentalos no punto de información situado xunto a La Bottega (entre as 10 e as 22 horas de luns a sábado). E se tes a app de Marineda City instalada no móbil, o premio pode ser dobre! Se aínda non a tes, descárgaa xa (AndroidiPhone) e empeza a desfrutar das súas vantaxes! Consulta as bases no enlace.

E lembra que en Marineda City temos servizos para facer a túa visita con nenos máis cómoda: prazas de aparcamento familiares, préstamo de sillas ou mochilas portabeblés, servizo de reemplazo de xoguetes, salas de lactancia, cambiadores, pulseira de seguridad…

Consulta toda a programación e ven divertirte con nós!

Programación xullo – agosto – setembro

Xullo
6 de xullo, 19h: Títeres Mircromina “Vacacións musicais”
13 de xullo, 19h: Chus Álvarez “Continentes”
20 de xullo, 19h: Marian Ledesma “Música de contos
27 de xullo, 19h: Fanny Triana “Abraios de lúa”

Agosto
3 de agosto, 19h: Títeres Viravolta “O galo quirico e os seus amigos”
10 de agosto, 19h: Dinamo Teatro “O poder das árbores”
17 de agosto, 19h: Culturactiva “Concerto Magnífico”
24 de agosto, 19h: Títeres Trompicallo “Jiñol”
31 de agosto, 19h: Mago Román “Labirinto de ilusións”

Setembro

7 de setembro, 19h: Paco Nogueiras “Brinca Vai!”
14 de setembro, 18h: A Gramola Gominola
21 de setembro, 19h: Pakolas
28 de setembro, 19h: Pablo Díaz- “Coas miñas mans” (novo disco)