Featured Video Play Icon

Hoxe, o noso aplauso, é para vós

12 de Maio de 2020

Nestes días aprendemos moitas cousas. Aprendemos a parar, a reflexionar, a ser máis solidarios, a pensar nos demais. Tamén que, en momentos difíciles, non estamos sós e que, cando saímos deles, facémolo xuntos. Aprendemos que unha acción pode valer máis que mil palabras e que un único xesto pode chegar a emocionarnos.

Nestes días, aprendemos a valorar algunhas cousas que quizá dabamos por feito, como a importancia de estar preto, fisicamente ou non, das persoas que nos importan; de axudar aos que nos rodean e de pensar nos demais con actos tan sinxelos e, á vez, tan importantes, como quedarnos na casa; e de agradecer o labor dos que nos fan a vida máis fácil.

Por iso, quixemos que este vídeo sexa a nosa sincera homenaxe aos que facedes que todo isto funcione: aos equipos de limpeza que traballades contra reloxo para que podamos volver garantindo a saúde e o benestar de todos; ao persoal de seguridade, mantemento, información e auxiliares, que seguides aí, cada día, ao pé do canón; ao dos establecementos de primeira necesidade, que garantides que non nos falte o máis necesario.

Tamén o noso agradecemento para os sanitarios que deixan a pel para coidarnos e aos que vos quedades na casa para protexervos e para protexernos.

A todos, de corazón, grazas. Hoxe, o noso aplauso, é para vós.