Featured Video Play Icon

Íamos pasalo ben e pasámolo xenial!

26 de Xullo de 2016

O mércores 6 de xullo é xa unha data para o recordo na historia de Marineda City. Un recordo que quedará para sempre nas retinas dos miles de coruñeses que gozaron, bailaron e corearon ata quedar afónicos os éxitos dunha das bandas máis queridas do pop español. Familias enteiras, mozos e non tan mozos, parellas, grupos de amigos… Hombres G puxo a música e vós o corazón. Unha noite máxica na que ademais recadamos máis de 3.000 euros para Cruz Vermella e o Banco de Alimentos. Nós só podemos dicir ¡Grazas!

Coa praza exterior a rebordar e un gran ambiente, o multitudinario concerto solidario de Hombres G foi unha auténtica festa. Desde primeiras horas da tarde, fans da mítica banda madrileña esperaban na praza exterior a que David Summers, Dani Mezquita, Javi Molina e Rafa Gutiérrez aparecesen sobre o escenario para desgranar os éxitos que marcaron a toda unha xeración. Pasados uns minutos das nove a noite, os primeiros acordes de “Voy a pasármelo bien” ben anunciaban o inicio dun recital no que non faltaron clásicos como “El ataque de las chicas cocodrilo”, Marta tiene un marcapasos” “Te quiero” ou “Suétalte el pelo”. “Venezia” y “Sufre mamón” pechaban o concerto tras máis de dúas horas de diversión.

Miles de pulseras solidarias adornaban os brazos dos asistentes ao concerto, que non quixeron perder a oportunidade de colaborar coas entidades coruñesas beneficiarias, facendo o seu donativo a cambio dun recordo da máxica velada. Vémonos na próxima!