Kilarny, un novo establecemento de moda en Marineda City

13 de Xuño de 2016

Hoxe dámoslle a benvida a Kilarny, un novo establecemento de moda cunha aposta exclusiva e elegante inspirada no deporte. Os coloridos deseños, con escudos e bordados que remiten a disciplinas como o polo ou o rugby, son un dos acenos de identidade desta marca fundada no ano 1997 en Valladolid e que hoxe en día conta con máis de 20 puntos de venda en España.

No seu novo local de Marineda City, situado na planta 1, xunto á Xoiería Calvo, atoparedes polos, americanas, shorts, cazadoras, chalecos, calzado e accesorios para muller, home e neno co seu característico estilo sport e navy. Ademais, para celebrar a súa apertura, os 10 primeiros días teñen un desconto especial do 10%.

Kilarny é, ademais, a imaxe da Federación Española de Surf, e patrocinador de numerosos eventos deportivos, concursos e torneos de hípica, pádel, golf, rugby, baloncesto, balonmano, fútbol…