La Casa de las Carcasas chega a Marineda

20 de Agosto de 2018

Seguimos crecendo! Fai uns días que lle demos la benvida a La Casa de las Carcasas, un establecemento dedicado á venda de accesorios para móbiles e tabletas. Na nova tenda, situada na planta 1, fronte á Zapatería Dadá, poderedes facervos con fundas e complementos para vosos smartphones. E é que se algo caracteriza a La Casa de las Carcasas é o seu amplo stock de produtos, desde os últimos dispositivos ata aqueles que xa levan un tempo no mercado, por antigos que sexan.

Así, tanto se queres unha funda clásica como se optas por deseños máis atrevidos para vestir o teu terminal, seguro que en La Casa de las Carcasas atopas o que buscas: de Star Wars, de Disney, holográficas, de purpurina líquida, persoalizables… Tamén dispoñen de protectores de pantalla, altofalantes inalámbricos, baterías externas, paus de selfie…

A atención personalizada é outra das sinais de identidade desta firma, que comezou a súa andaina en 2012 no ámbito da venta online e que, tras abrir a súa primeira tenda física en 2013 en Madrid, hoxe conta con máis de 90 establecementos.

A apertura de La Casa de las Carcasas súmase a outras recentes incorporacións á oferta de Marineda City: iRefurb, que ofrece servizos de reparación de móbiles e smartphones, Gofre & Rolls e Pomodoro, dedicados á restauración, así como a próxima chegada da marca de móbiles china Xiaomi.