Featured Video Play Icon

Marineda coa música: Living Music

20 de Novembro de 2020

Hai unhas semanas lanzabamos no noso Instagram Living Music, co que todos os venres ás 20h compartimos en IGTV un temazo dos artistas cos que colaboramos. Con esta iniciativa buscamos apoiar á cultura local para poder seguir gozando das súas boas vibras.

E como o domingo 22 de novembro é o Día Internacional da Música, cremos que a mellor maneira de celebralo é dando voz aos seus protagonistas; falamos con Astrogirl, Lora e Pardo. Queredes coñecelos mellor?

Quen son e como chegaron á música

María Jesús Cabanas, Astrogirl, empezou na música moi pequeniña estudando no Conservatorio. Sempre tivo claro que isto era o seu, pero cos anos foise desviando. Actualmente compaxina a súa faceta musical co seu traballo como profe, pero espera poder vivir da súa paixón algún día.

O mesmo acontece cos desexos de  Lora, Alejandro e Carlos, que dende as súas profesións principais soñan con vivir algún día desta arte que tanta vida lles dá. Eles tamén empezaron na música hai moito tempo e xa tiveron varios grupos. Pero con Lora queren darlle o empurrón final ao seu talento e apostar polo que queren.

Do mesmo xeito que Astrogirl e Lora, Néstor Pardo compaxina a súa música co traballo de repuxar pel de maneira artesanal para unha marca de moda. Cóntanos que houbo épocas nas que puido vivir da súa paixón. A música chegou a el aos 14 anos cunha canción de Elvis e unha fortuíta guitarra no escaparate dunha tenda de segunda man como sinal cósmico.

A música e as emocións

A cuarta arte é un gran condutor das emocións. Temos cancións para bailar, para rupturas difíciles, para motivarnos, con ritmo para facer deporte… A música axúdanos a canalizar o que sentimos.

Os nosos tres artistas están de acordo en que a música é capital na súa vida. Pardo, por exemplo, contábanos que “é o meu terapeuta e conduto, non existiría da mesma maneira sen ela”. Para Carlos, de Lora, ten un significado moi similar, “é a miña maneira de expresarme, de sentirme ben comigo mesmo e co mundo”. E así o cre tamén Astrogirl, para quen a música “é como un alimento para a alma”.

Recordos

Este ano vivimos unha evolución peculiar da forma na que gozamos as cousas. A música, por exemplo, levámonola ao móbil cando as circunstancias non permitían os directos. Instagram infestouse de concertos en directo e naceron iniciativas para promover un das nosas artes favoritas.

Os artistas cos que charlamos tamén se deixaron seducir polas propostas de directos en redes, aínda que nos contan que optaron por aquelas que lles pareceron máis chulas e interesantes.

Pardo soña con revivir o compartir escenario con Lala Brooks, de The Crystals; Lora, con volver sentir ao público do Noroeste e Astrogirl sorrí ao lembrar aquela noite que compartiu escenario con Nacho Vegas.

Playlist para sorrir

Pedímoslles que nos fagan un top tres de cancións para facer que salga o sol nun día gris, e esta é a súper playlist que sacamos destes artistas de pés a cabeza, para que a poñas o domingo e celebres o día da música connosco.

Dammit – Blink 182

Free Fallin’ – John Mayer

Iberia sumergida – Héroes del silencio

Lovely Rita – The Beatles

Manish Boy – Muddy Waters

Mi Gente – Hector Lavoe

Rulando – O’Funkillo

Shake Your Money Maker – Elmore James

Trash – Suede

Esperámosche os venres ás 20h na nosa canle de Instagram para gozar de Living Music!