Marineda patrocina a maior competición de debate de Galicia

19 de Abril de 2017

Os próximos días 22 e 23 de abril celebrarase en Palexco o II Torneo de debate Escola de Finanzas, a maior competición de debate académico de Galicia e que está patrocinada por Marineda City. Nela, campións de todo o mundo amosarán a súa capacidade de convencer ao contrario coas súas mellores argumentacións e técnicas de oratoria.

Dezaseis equipos chegados de diferentes universidades competirán durante os dous días nun formato de liguiña de catro grupos. Os dous mellores de cada grupo loitarán por superar os cuartos de final e as semifinais, ata poder participar na gran final cuxo ganador levará un premio de 2.000 euros.

Esta colaboración enmárcase dentro do programa Marineda College, un área de encontro na que compartir coñecemento e a través da que Marineda City quere contribuír a ofrecer contidos interesantes para os diferentes sectores da súa contorna.

A asistencia como público ao II Torneo de debate Escola de Finanzas é gratuíta, así que, se es dos que defendes as túas ideas ata o final, non podes faltar a esta cita. Podémolo asegurar: paga a pena!