Marineda Fest: información práctica

Marineda Fest: información práctica

9 de Xullo de 2019

Horarios, como chegar, comida e bebida, actividades solidarias… Contámosche todo o que necesitas saber para o concertazo do verán!

  • Cales son os horarios dos concertos?
    O concerto comezará ás 20h. A orde será a seguinte: Pardo, Xoel López e Iván Ferreiro.
  • É ao aire libre?
    Si, o concerto celebrarase na praza exterior do centro.
  • É gratuito?
    Si, o concerto é gratuito e de acceso libre ata completar aforo.
  • Como podo colaborar coa Fundación Meniños?
    Ata o sábado 13 de xullo, os voluntarios da Fundación Meniños estarán no centro para recadar fondos. Podes colaborar cunha doazón ou comprando unha das camisetas de Marineda Fest que están á venda por 10€ e cuxos beneficios destinarnse ao labor social que realizan en favor da infancia e a adolescencia.
  • Como chego a Marineda City?
    Podes chegar en transporte público: o centro da cidade está conectado con Marineda City pola líña 11 da compañía de tranvías. Ademais, con motivo de Marineda Fest o Concello da Coruña ampliará o horario habitual do servizo de autobús ata as 00.30h. Se decides vir en vehículo particular, podes consultar a ruta aquí.
  • Hai aparcadoiro?
    Si. O centro comercial conta cun aparcadoiro de 6.000 prazas. No entanto, recomendámosvos utilizar o transporte público para evitar atascos.
  • Podo vir con nenos?
    Claro! De feito, ademais do concerto de Xoel López, Iván Ferreiro e Pardo, ao que os peques tamén están invitados, o venres e o sábado preparamos un completo programa específicamente deseñado para eles, cun concerto de Pablo Díaz, charlas sobre a historia do pop e o rock para nenos, mini DJ Set, cine ao aire libre? Podes consultar os horarios de todas as actividades aquí.
  • Haberá comida e bebida?
    Si, desde o xoves 11 de xullo ao sábado 13 de xullo na nosa praza exterior haberá unha parada de foodtrucks coas máis variadas propostas gastronómicas para avituallaros entre concerto e concerto. Tamén haberá barras para saciar a sede.

Esperámosvos para gozar da mellor fin de semana!