Maxia, desexos, agasallos e solidariedade: En Marineda tes o Nadal que mereces

Xa é Nadal en Marineda e preparamos unha chea de sorpresas para iluminar un pouquiño máis esta época do ano. Música, desexos, luces, agasallos e moita ilusión, sen perder de vista a seguridade para que podamos gozar todos xuntos das festas.

Presentámosche o súper programa que preparamos para que nenos e grandes gocen por igual destas datas tan especiais para todos.

Puntos  selfie

Xa verías que decoramos o centro comercial e as luces enchen Marineda do espírito do Nadal. Tamén instalamos dous puntos selfies dignos de revista: atoparalos na Praza Emilia Pardo Bazán (planta 0), xunto á gran árbore de Nadal e no corredor de moda e deporte da planta 1 Xa fixeches as túas fotos e nos etiquetaches? Estamos desexando velas!

Sorteo de 5 Wish Lists

Os desexos que pediches faranse realidade en Marineda! A partir do 10 de decembro podes participar no sorteo de 3 incribles Wish Lists valoradas en 10.000€ con produtos como unha  Nintendo Switch, un kit de pádel surf ou un Macbook Air.

Ademais, en redes sociais, sortearemos outras dúas Wish Lista valoradas en 1.000 euros,  atentx ao noso perfil de Instagram nestes días!

Punto de empaquetado

Queres deixar os agasallos empaquetados antes de chegar a casa para minimizar riscos de  sabichóns? 😉 Poderalo facer do 9 de decembro ao 5 de xaneiro de 12:00 a 22:00 h no punto de empaquetado na zona Click&Collect (pranta 0).

Cartas virtuais a Papá Noel e os Reis Magos

Creamos unha páxina web para que os peques poidan facer chegar as súas cartas a Papá Noel e os Reis Magos de forma virtual. E sortearemos 10 tarxetas de agasallo de 100€ entre os remitentes!

Árbore de desexos virtual

No noso microsite do Nadal, tamén poderás pedir un desexo que fará que se ilumine unha luz virtual na nosa árbore. Por cada un que se pida doaremos 1€ á Cruz Vermella. Con isto queremos contribuír aos seus programas da terceira idade.

Recollida de xoguetes solidaria

Tamén da man da Cruz Vermella, faremos unha recollida de xoguetes na Planta 0. Poderás entregar os teus paquetes do 9 de decembro ao 4 de xaneiro en horario de 12:00 a 22:00 horas.

Entre todos podemos facer que os nenos sorrían este Nadal, grazas pola túa colaboración!

Esperámosche en Marineda! Ademais, se adiantas as túas compras que saibas que algunhas das nosas tendas aumentaron o seu prazo de devolución. Para que poidas comprar con tranquilidade e organizarte. Entre todos faremos maxia este Nadal 😉