Maxia, música e contos para as tardes dos venres

A música, a maxia e os contos serán este mes de novembro os protagonistas das tardes dos venres en Marineda City. E é que o noso ciclo Fun & Friday achegará os mellores espectáculos infantís para pasar as tardes máis divertidas en familia.

A programación comeza este venres, 2 de novembro, con “No país do vento”, un espectáculo musical de Charo Pita & Trotaventos no que nada queda quedo. O 9 de novembro será a quenda de  O Mago Teto, un habitual da escena galega que, malia a súa mocidade, goza de gran popularidade e recoñecemento. “En boca pechada non entran contos” é o título do divertido teatro de contos de  O Titiribaile que nos acompañará a tarde do día 16. O 23 de novembro gozaremos cos contos para educar a intelixencia emocional de Raquel Queizás e, para terminar un mes cheo de bos momentos, contaremos con Soledada Felloza, que fará maxia dos contos e contos da maxia.

Programación novembro

  • 2 de novembro

Charo Pita & Trotaventos · Trotaventos “Non país do vento” 19h

  • 9 de novembro

O Mago Teto “As Novas Tolemaxias” 19h

  • 16 de novembro

O Titiribaile “En boca pechada non entran contos” 19h

  • 23 de novembro

Raquel Queizás “Ven a conto” 19h

  • 30 de novembro

Soidade Felloza “Axouxeres de Nadal” 18h