O Entroido está aquí! Todo listo para pasalo en grande?

Piratas, heroínas de cine, magos, non mortos, personaxes de conto, astronautas, príncipes e princesas … Aínda non pensaches o teu disfrace para este Entroido? Falta pouco para unha das festas máis divertidas do ano e ti con estes pelos! Que non se apodere de ti o pánico: visítanos e inspírate.

Atoparás os mellores disfraces en Centro Xogo, Party Fiesta, Poly ou Imaginarium. Ademais, neste último establecemento, se es socio regálanche un complemento a elixir por compras superiores a 25€. E se non es socio, podes levalo por compras superiores a 30€. Para os pequenos e pequenas da casa, no deixes de botar unha ollada ás coleccións de Entroido de H&M e Primark: seguro que che sorprenden! Ben, agora que xa tes o teu disfrace, só che falta unha boa maquillaxe: en Sephora ou Kiko Make Up Milano poden botarche unha man.

Para ambientar a festa, pasa por Tiger e márcate un tanto coa decoración máis orixinal. E se precisas algo de picar, visita Xiana, Belros, Más que bueno, El Corte Inglés ou Hipercor.

Descarga a app e descubre as mellores promocións para este Entroido

Se non queres perder as mellores ofertas para o Entroido, descarga a nosa nova app (dispoñible para Android e iOS en Google Play e a App Store) e accede a contido exclusivo e personalizado segundo as túas preferencias. Se o prefires, tamén podes botar unha ollada á sección de promocións da nosa web.

Plans para o Entoido máis divertido

Que hai máis noso que unha filloa? Para homenaxear como merece a esta deliciosa sobremesa, os compañeiros de IKEA propuxéronse un reto: crear una filloa de 50 metros! A cita: o luns 4 de marzo a partir das 12h. Non podes perder de vir, porque despois da foto de rigor, chegará a parte máis divertida: probala!

E o 2 de marzo, esperámosvos no espazo Marineda Kids de planta 2 cunha gran festa de Entroido na que os pequenos e pequenas poderás lucir os seus mellores disfraces e haberá premios para os máis orixinais.

E é que pasalo en grande nas nosas festas é moi Marineda!