O mellor dos deportes do verán, na nosa praza exterior

4 de Xullo de 2016

Skimpark, pista roller e pista multisport para practicar baloncesto, fútbol, vóley praia, tenis, balonmán… Este verán tes un planazo na nosa praza exterior do 8 de xullo ao 31 de agosto!

Se non o probaches o ano pasado, tes unha nova oportunidade de demostrar os teus mellores trucos e xiros na nosa Skimpark de 30 metros de longo. A medio camiño entre o surf e o skate, esta disciplina, que consiste en deslizarse nunha táboa sobre unha superficie de auga de poucos centímetros, conta con cada vez maior número de seguidores. Ademais, teremos unha pista roller para os amantes da patinaxe e unha pista multisport na que poderás practicar outros deportes como vóley, básquet, fútbol, etc.

Skimpark, pista roller e pista multisport estarán abertos para ti de luns a venres, de 16.30 a 20.30, e os sábados, de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30h. Para acceder, simplemente terás que conseguir a túa invitación presentando nos puntos de información tickets de compras realizadas a partir do 8 de xullo nos establecementos de Marineda City, por importe igual ou superior a 20€. Do 12 a0 31 de agosto, poderás gozar do noso skimpark sen necesidade de presentar tickets de compra.

Ven ver todo o que preparamos para ti no Sport&Summer en Marineda.