Oito imprescindibles para a volta ao cole

Cústache deixar atrás o verán? Non sabes por onde empezar coa volta ao cole? Pois non te preocupes, sabemos que non é fácil, así que realizamos unha lista para que non quede nada pendente.

  1. A roupa: o primeiro é o primeiro. Se no cole usan uniforme, o tes en El Corte Inglés e se utilizan roupa de rúa, tamén podes conseguir pezas cómodas nas nosas tendas de moda con sección infantil e de nenos (Zara, Lefties, Primark, H&M, C&A, Hipercor, Mayoral, Gocco…).
  2. Para facer deporte. Atoparás chándales e deportivas confortables e divertidas nos nosos establecementos centrados no deporte. E lembrade que algúns deles contan con promocións que vos poden facer a costa de setembro máis doada, por exemplo, Décimas ou Sprinter.
  3. Comodidade nos seus pés. Os zapatos son fundamentais na volta ao cole. Os nenos necesitan comodidade nos seus pés, así que visita nosas zapaterías (Clarks, Geox, Deichmann…) e elixe os que máis se adaptan ás súas necesidades. E non te esquezas das medias e os calcetíns.
  4. Libros e cadernos! Libros, mochilas, cadernos, estoxos, forros, cadernos, lapis e ata marcadores para ter ben identificada a súa roupa. Todos son complementos que lles farán a volta ao cole máis fácil.
  5. Para a merenda. Tamén temos fiambreras e bolsiñas para levar a merenda ou a roupa de recambio cos seus personaxes favoritos (Imaginarium, Tiger...).
  6. Os dentes, ben limpos. Os que quedan no comedor do cole necesitarán cepillos de dentes, pasta e un estoxo para levalos. Búscaos en Arenal ou Farmacia Castro.
  7. Financiamento. Si, son moitas as cousas que fan falta para superar a volta ao cole, por iso, en El Corte Inglés de Marineda City ofrécenche a posibilidade de pedir unha conta aberta.
  8. E a recomendación final: unha boa dose de paciencia, amor e humor para que os máis peques e tamén os maiores empecemos o novo curso con bo pé.