O patrocinio ao Obra súmase á nosa aposta polo deporte galego

Esta mañá trasladámonos a Santiago de Compostela por un motivo que nos fai moita ilusión: a presentación en rolda de prensa do noso acordo de patrocinio co Obradoiro CAB. Froito desta colaboración, este domingo celebrarase o primeiro Partido Marineda, que enfrontará ao Obradoiro CAB e o Valencia Basket e para o que durante as últimas semanas sorteamos entradas nas nosas redes sociais. Este patrocinio sumase ao do Real Club Deportivo, co que colaboramos desde o ano 2014.

Vive a liga no Palco VIP

Con este acordo, queremos reforzar o noso compromiso co deporte e facilitar o acceso á afección a partidos do Obra. Por iso, desde o vindeiro martes, día 30 de xaneiro, e ata o final da tempada, darémosvos a oportunidade de vivir unha experiencia única: asistir ao Palco VIP do Multiusos Fontes do Sar nos partidos que nos que o Obra xogue en casa. Para conseguilo, teredes que demostrar, iso si, que sodes uns apaixonados do deporte: a mecánica de participación é a seguinte: teredes que subir a Twitter ou Instagram un texto ou unha imaxe que demostre a vosa Paixón Desmedida polo básquet -IMPORTANTE: para optar ao premio, é necesario que utilicedes o hashtag #pasiondesmedida e que o fagades desde unha conta pública para que poidamos ver a vosa participación-. Entre todos os que o fagades, elixiremos a un único ganador para cada partido que se xogue no Multiusos Fontes do Sar: este poderá ver o partido desde o Palco VIP con tres acompañantes da súa elección, deixar o coche no aparcamiento do pavillón e gozar dun catering exclusivo durante o encontro. Planazo, non?

Compromiso co deporte galego

Ademais, ao longo do ano recibiremos a visita de xogadores e máis sorpresas que iremos desvelando. Con esta iniciativa, queremos reforzar o noso compromiso co deporte galego, apoiando ao único equipo dela comunidade na máxima categoría nacional. E é que como sabedes, en Marineda encántanos o deporte: o ano pasado creamos un espazo dedicado á moda e ao deporte no que conviven diferentes marcas do sector. Ademais, na nosa axenda de actividades, programamos diferentes eventos vinculados á práctica deportiva, como poden ser o skate, o skim, a patinaxe, o fútbol ou o básquet, entre outros. Xogadores do Obradoiro CAB participaron tamén en 2017 nunha acción solidaria organizada polo centro, na que doaron material deportivo para a ONG Rede Deporte.