Pequenos grandes talentos para o verán Campus Líbolis

Unha cama xiratoria, de Fernando Gutiérrez Castromil, e unha aplicación para solicitar peixe fresco, de Mónica Prieto Vázquez, son os proxectos gañadores de dúas bolsas para o Campus de Verán Líbolis.

Fernando Gutiérrez Castromil, de 8 anos, e Mónica Prieto Vázquez, de 10 anos, resultaron gañadores dunha bolsa de estudos financiada por Marineda City para o Campus de Verán Líbolis. Esta acción é un paso máis na aposta de Marineda City polo talento e a creatividade e compromiso coa formación, dentro do programa Marineda College.

Para optar ás bolsas, os pequenos debían presentar un proxecto sobre un invento que poidese resolver un problema ou que xerase unha nova necesidade en calquera área ou sector (ambiental, social, tecnolóxico, empresarial, educativo…).

Despois de moita deliberación, o xurado elixiu como proxectos gañadores a cama xiratoria, de Fernando Gutiérrez Castromil, deseñada para deitarse dun xeito cómodo e divertido, e Freshcados, á aplicación de Mónica Prieto, creada para que os consumidores poidan pedir peixe fresco desde o seu teléfono e recibilo cómodamente nadirección que escollan.

Campus de Verán Líbolis
Este é un campamento de verán onde os nenos de 7 a 15 anos aprenderán a ser emprendedores e a desenvolver o razoamento científico e o traballo en equipo. Oratoria e comunicación audiovisual son outros dos aspectos nos que traballarán os pequenos, sempre co xogo e a imaxinación como motores da aprendizaxe. Ademais, haberá actividades deportivas e experiencias persoais de adultos en diferentes campos para transmitir a importancia de valores como o esforzo, a iniciativa e a perseveranza.

Ademais, nesta edición, imos propoñer aos pequenos que resolvan catro retos tecnolóxicos. O 27 de xullo celebrarase a gala gran final na que se amosarán os proxectos dos participantes e na que estaremos presentes como parte do xurado.