dia-ciencia-juguetes

Peques e ciencia: xoguetes para os cidadáns do futuro

10 de Novembro de 2020

O Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, que se celebra o 10 de novembro de cada ano, busca concienciar ao mundo de importancia da ciencia para unha sociedade informada e capaz de coordinar esforzos para progresar. Por iso é importante que fagamos chegar a ciencia aos cidadáns de mañá, ¡os peques!

Sabemos que non sempre é doado conseguir que se enganchen, pero existen moitos xoguetes no mercado que axudan a fomentar a súa curiosidade e que o pasen en grande descubrindo. En Marineda temos unha ampla selección nas nosas tendas de xoguetes! Contámoscho:

IMAGINARIUM

Astroloxía, bioloxía, robótica… trata de detectar que lles interesa máis e todo será moito máis fácil. En Imaginarium tes todo tipo de xogos para axudalos a explorar naquilo que lles gusta.

  • Telescopio para resolver os misterios do universo: acabouse o medo á escuridade, a noite será ese momento tan esperado no que poder ver as estrelas. Recoméndase para nenos maiores de 6 anos, pero é apto desde os 3 anos. 
  • Microscopio para saber de onde vimos: se cadra o teu peque é de bata branca, con este microscopio descubrirá de que están feitas as cousas. Vén cun maletín co kit completo de investigación.
  • Vehículos con intelixencia artificial: este kit conta con 6 vehículos de pezas intercambiables, e engadindo o módulo de intelixencia artificial controlas o movemento. É perfecto para os máis curiosos pola robótica, e desenvolve o método  STEAM, que busca potenciar cinco disciplinas crave.

POLY

Futuros biólogos, atención a Poly! Xa sexa de bata a ou de bota, calquera biólogo ou químico que se prece debe comezar por estes kits de Cefa Toys.

  • Con Coralcefa descubrirá o fascinante mundo subacuático a través dos corais. É perfecto para iniciarse na bioloxía mariña, ata poderá ver o crecemento dos arrecifes de coral!
  • Quimicefa Junior, con este kit poderá descubrir ata 75 experimentos que alimentarán a súa curiosidade pola ciencia. Desde facer un volcán de  coa, ata tinta invisible, converte o salón en laboratorio!

CENTROXOGO

Nada polo de agora? Entón ao mellor o que máis lle gusta ao teu fillx é a natureza en estado puro. Para iso debes ir directo a Centroxogo. Para os menos experimentais hai xogos en formato quizz e para os máis aventureiros, investigación de campo.

Como ves, hai un xoguete para cada inquietude. Só se trata de que descubras que capta mellor a atención do teu pequenx e lle axudes a explorar nese campo. É importante que comprenda que a ciencia é a peza angular para o desenvolvemento do mundo. Cal vas vir a buscar a  Marineda?