Perder o coche no aparcadoiro? Nunca máis coa nosa APP!

7 de Marzo de 2016

Foi un gran día en Marineda City: compriñas, unha boa comida, e un intre divertido nos nosos establecementos de lecer. É hora de volver a casa e ao chegar ao aparcadoiro ¡horror: non atopas o coche!

Algunha vez atopácheste nesta situación? Tes o móbil cheo de fotos do aparcadoiro para asegurarte de recordar onde o deixaches? Nunca máis coa nosa APP!

E é que con ela poderás memorizar no teu teléfono a situación da forma máis sinxela: pincha en localizar o meu coche, marca a planta, a cor, o número e a letra, pulsa en gardar e voilà!

A nosa app tamén che será de utilidade á hora de organizar a túa axenda: con ela, poderás seleccionar os teus eventos favoritos e engadilos ao calendario do teu móbil para non perder nada. Tamén podes engadir a favoritos as túas tendas preferidas e as promociones máis atractivas, para localizar a información que che interesa cun só clic.

Outra das vantaxes de tela no teu teléfono é que xa non necesitarás levar encima a túa Marineda City Card: desde o teu terminal poderás consultar as promocións vixentes e beneficiarte delas amosándoa no teu teléfono.

Ademais, nela atoparás un listado detallado de todos os establecementos de Marineda City, ordenados alfabeticamente ou por sectores, a carteleira de cine ou un plano para que localices rapidamente calquera tenda, restaurante ou local de lecer.

Se queres empezar a gozar da comodidade de acceder a todos estes servizos cun só clic, entra en Google Play (teléfonos Android) ou a APP Store (IPhone) e descárgaa gratis.