Preparados para a volta ao cole?

Calzado, chándal, mochilas, estoxos, material escolar… Estás seguro de que non che falta nada para a volta ao cole? Para que o teñas o máis fácil posible, fixemos unha checklist con todo o necesario para que peques e familias afronten a chegada de setembro con todo preparado.

  • Uniformes e libros. Si aínda non os tes, non te preocupes. No Corte Inglés atoparalos. E si reservas os libros antes do 19 de setembro, obterás un 10% de agasallo.
  • Para ir á moda. Si os teus nen@s non levan uniforme no cole, en Marineda tes unha ampla oferta para equipalos e poñelos á última. GoccoMayoralZara KidsH&MPrimarkLefties… agárdante.
  • Zapatos. Manter os pés cómodos e quentiños é fundamental para afrontar o outono e o inverno. Busca as novidades de Pablosky & FriendsDeichmann ou Vogue L-V no noso corredor infantil.
  • Para facer deporte. Coa volta ao cole, os máis peques tamén retoman as súas actividades deportivas. Natación, fútbol, básquet, tenis… non importa cal sexa o seu favorito. Nos nosos establecementos deportivos poderás adquirir todo o necesario.
  • Mochilas, estoxos e material escolar. Cando empeza o curso, sempre apetece estrear mochila, estoxo, porta merendas e material escolar. Poly, Centro Xogo, Imaginarium e a Libraría Sánchez Ochoa dispoñen de accesorios para todos os gustos.
  • Para o comedor. Os nenos que se quedan no comedor necesitarán o seu kit de pasta de dentes, cepillo e vasiño que seguro atoparán en Arenal.
  • En casa. A volta ao cole tamén pode ser un bo momento para buscar nas tendas dedicadas ao fogar ese escritorio ou esa estantería que necesitas para a habitación dos nenos.

E como a volta ao cole, ás rutinas e os horarios non ten por que estar rifada coa diversión, Sprinter sortea entre os seus clientes unha experiencia Marvel nas Vegas.

E, pola súa banda, El Corte Inglés, en colaboración con Cáritas, puxo en marcha unha iniciativa solidaria para doar material escolar e así botar unha man ás familias con menos recursos ata o 3 de setembro.