O Rural Tour chega a Marineda City

12 de Decembro de 2016

Desde hoxe e ata o vindeiro domingo, invitámosvos a visitar o Rural Tour, unha campaña de promoción de produtos galegos na que poderedes adquirir leite fresco, embutidos, queixos, licores ou cosméticos elaborados de forma artesanal coas mellores materias primas.

Trátase dunha iniciativa que busca poñer en valor os produtos da nosa terra e o labor das mulleres emprendedoras: durante toda a semana, decenas de expositores mostrarán o froito do seu traballo e ofrecerán degustaciones, catas comentadas e demostracións en vivo.

Axenda de actividades

Luns 12
17h Degustación de sidra ecolóxica Peroja, Sidra de Agar e Marmeladas Caurelor e Ananos Organic Berries.
Martes 13
19h Cata comentada de licor café, herbas e crema de orujo de Licores Vos Maios
Mércores 14
19h Degustación de cócteles de xenebra Ginabelle e leite Rural Muller.
Xoves 15
19h Degustación de viño Adega Rozas e Avó Roxo; Doces Leira Doce, Mamá Teresa, Plus de Sucre.
Venres 16
19h Degustación de Queixos Dona Cobiña e Embutidos Cárnicas Raposo.
Sábado 17
17 h Demostración de encaixe de Camariñas a cargo da Escola de Nenos do Encaixe do Concello de Camariñas.
19h Degustación de embutidos de Porco Celta; Asociación de Criadores de Porco Celta de Galicia
19h Demostración de Cestería Vivia, a cargo de Carmen Fieiras.
Domingo 18
19h Cata de sidra natural Peroja