Seis ideas para empezar o curso con bo pé

Con setembro ao virar a esquina xa nos imos despedindo do verán e das vacacións. É a hora de prepararse para a volta á rutina, o cole dos peques e gozar das alegrías que nos trae o outono.

  • Renova o armario dos peques

Nesta época do ano as nenas e nenos necesitan renovar o seu vestiario para o regreso ás aulas: aproveita as promocións especiais como esta de Décimas. E lembra: se non queres perder as mellores ofertas, descarga a nosa app para estar sempre á última e recibir contido personalizado segundo os teus gustos e intereses (descarga iOS / descarga Android).

  • Equípaos para a volta ao cole

Cadernos, cartafoles, bolígrafos, estoxos, axendas… Na librería Santos Ochoa, Tiger ou Ikea atoparás unha ampla selección de material escolar e as coleccións máis divertidas para triunfar no cole. Ademais, no Corte Inglés, ao comprar libros de texto e papelería, levas un 5% de agasallo.

  • Aniversario á vista?

Co inicio do curso, tamén comezan as citas de aniversarios: en Fan Square xa teñen aberta a axenda de festas infantís para 2019-2020. Reserva a túa data!

  • Celébrao cunha boa festa

En Marineda non hai nada que nos guste máis que unha boa festa e por iso preparamos unha para celebrar ao grande a volta ao cole. Será o 7 de setembro no espazo Marineda Kids.

  • Date un capricho

Se che angustia a volta á rutina, date un capricho! Compra esas zapas que tanto che gustan, regálate unha sesión de beauty ou dálle unha volta á decoración do teu fogar.

  • Apúntate ao gym

Setembro é o mes dos bos propósitos, así que aproveita para cumprir ese que tanto tempo levas atrasando: o exercicio axudarache a mellorar a túa saúde e liberar tensión. Na planta 1 de Marineda City dispós dun completo ximnasio ademais dunha ampla zona dedicada á moda deportiva na que atoparás todo o necesario para poñerte en forma.