Semana Santa en Marineda: será por plans!

Mañá comeza para moitos a Semana Santa: días de festa, días sen cole, días para gozar dun merecido descanso, de darse un capricho e de gozar do noso tempo de lecer. En Marineda City espérante unha chea de sorpresas e actividades para aproveitar ao máximo estas mini vacacións. ¡Será por plans!

– Un día de shopping Aproveita as vacacións para gozar dun día de shopping: percorre as nosas tendas de moda e descobre as tendencias desta primavera. Recorda que o xoves 13 e o sábado 15 abrimos todas as tendas no horario habitual, mentres que o venres 14 e o domingo 16 soamente abrimos as zonas de lecer e restauración.

– Mañás de cine ¡Que se note que estás de vacacións e ven ao cine pola mañá! Os compañeiros de Cinesa programaron sesións matinais do 13 ao 16 de abril. E se es dos que prefiren a noite ao día, do 12 ao 15 de abril, ¡sesións golfas!

– Actividades infantís Estes días tamén os máis pequenos da casa gozan dunhas merecidas vacacións e para celebralo o xoves temos unha festa especial no club kids, chea de xogos e bailes para que pasen unha tarde diferente e amena. O sábado pola tarde poñeremos a proba a nosa creatividade creando unhas simpáticas arañas con botóns e o domingo terminamos a semana cunha divertida xincana.

– Coñece ao noso robot  Apetéceche visitar Marineda City dun xeito diferente? Ata o 29 de abril, terás a oportunidade de pasear polo centro a bordo dun Transformer ou do vehículo eléctrico biplaza Moonwalker, que ti mesmo poderás conducir e dirixir para que che leve a donde desexas.

– Ven a Ikea sen pagar peaxes En Ikea están máis contentos que unhas Pacuas e por iso, ata o 17 de abril, por compras superiores a 120€ e coa túa tarxeta IKEA Family devólvenche en tarxeta regalo o importe de ida e volta das peaxes das autoestardas galegas desde a túa casa ata IKEA Marineda City.

Ademais, poderás descargar adrenalina no karting, compartir un bo intre na bolera ou pasar un día en familia en Fan Square. E se che entra a fame, temos máis de 20 restaurantes para repoñer forzas ¡hainos para todos os gustos!

Recorda que podes estar ao tanto de todas as nosas actividades e promocións na web ou a través da nosa app móbil (descárgaa aquí si o teu teléfono é un iPhone ou aquí si é Android). Se nos visitas en familia, recorda que temos servizos exclusivos para vós como prazas de parking especiais, pulseira de seguridade para os pequenos, préstamo de silliñas e mochilas portabebés

E se vés de fóra da Coruña, recomendámosche consultar a nosa guía para te mover con soltura no parking; ademais, nos puntos de información proporcionarémosche directorios con toda a información sobre o centro ou a Marineda City Card Tourist, coa que terás acceso inmediato a descontos en máis de 40 establecementos.

¡Esperámosvos!