Servizos exclusivos, coa app de Marineda

En Marineda City queremos premiar a vosa fidelidade con servizos exclusivos para aqueles que tedes a nosa app nos vosos móbiles. Así, con só mostrar nos puntos de información a vosa Marineda City Card na aplicación teredes acceso ao novo servizo de cargadores portátiles, imprescindible para os que necesitades estar sempre conectados. E sexa cal sexa o teu teléfono, non te preocupes, porque témolos tanto para modelos Android como para iPhone. Simplemente terás que cubrir os teus datos e depositar unha fianza, que che será reembolsada cando devolvas o cargador.

Ademais deste recentemente estreado servizo de cargadores portátiles, temos máis servizos VIP que só poderán gozar aqueles que conten coa súa Marineda City Card na app do centro, como son os shopping trolley, pensados para que leves as túas bolsas comodamente sen ter que cargar peso; o servizo de empaquetado de agasallos; as mochilas portabebés, que vos farán as xornadas de compras máis levadías cando vaiades acompañados dos pequenos da casa; e o préstamo de paraugas, por se vos sorprende a choiva ou esquecedes o voso na casa.

E é que desde Marineda City estamos continuamente buscando mellorar a vosa experiencia de visita e con ese obxectivo deseñamos a nosa nova app móbil, que dispón dunha función de xeolocalización grazas á cal poderás chegar facilmente á túa tenda preferida ou atopar o teu coche no aparcadoiro, ademais de estar ao tanto de todas as nosas promocións, personalizadas segundo os teus gustos, e gozar dunha chea de vantaxes exclusivas que che iremos desvelando ao longo do ano. Podes descargala gratuitamente para dispositivos iOS ou Android.