Sexa como sexa o teu pai, temos o regalo perfecto!

Aviso a navegantes, o 19 de marzo é o Día do Pai, así que tes menos dunha semana para dar coa idea perfecta para sorprender a papá. Non te preocupes, sexa como sexa o teu pai, seguro que nas nosas tendas atopas un regalo á medida. E é que non saber que regalar e acertar é moi Marineda.

O fashion victim Vai feito un pincel e é moi quen de facer cola polas súas deportivas favoritas: nas nosas tendas de moda e deporte tes as marcas máis fashion.

O cultureta Amante dos libros e da boa música, sempre atopa oco na súa libraría para a última novela do seu escritor favorito: déixate aconsellar polos especialistas de Santos Ochoa ou O Corte Inglés.

O deportivista Branquiazul ata a médula, non se perde ningún partido e colecciona equipacións desde os tempos de Feiraco: o teu regalo perfecto está na Deportienda (planta 1) de Marineda City.

O techie Non hai gadget que se lle resista e hai tempo que suspira por un SmartWatch: date unha volta polas nosas tendas de tecnoloxía e multimedia.

O mañoso Se a bricolaxe é a súa paixón, seguro que en Leroy Merlin ou Bricor atopas a inspiración que necesitas.

O cinéfilo Que mellor plan que compartir unha tarde de cine para celebrar o seu día? E se o rematas cunha boa cea, xa o tes no peto. Tes máis de 20 restaurantes para elixir!

O cociñeiro Encántalle pasar tempo entre fogóns e descubrir novas receitas: faite cos utensilios e accesorios de cociña máis orixinais en IKEA ou  O Corte Inglés.

O aventureiro Alpinista, navegante, amante do trekking ou do ciclismo… pasa por Decathlon, Décimas, Sprinter, Urban Jungle, Fútbol Emotion, Tiro Libre, Oteros ou Fimsbury e completa o seu equipamento para practicar o seu deporte favorito.