Súmate ao reto de Kiwoco: 1 quilo de penso por cada novo fan en Facebook

3 de Marzo de 2016

Aínda non segues a Kiwoco en Facebook? Pois agora tes unha razón máis para te sumar a súa comunidade de amantes dos animais: ademais de estar ao tanto das súas novidades, promocións e consellos para velar polo benestar do teu mellor amigo, por cada por cada novo fan que logren ata chegar aos 50.000 doarán 1 quilo de penso ás súas protectoras colaboradoras. Súmaste ao reto?

E é que se por unha cousa se distingue Kiwoco, en cuxa tenda de Marineda City atoparás todo o necesario para coidar da túa mascota, ademais de centro de beleza e clínica veterinaria, é polo seu amor e respecto polos nosos amigos peludos. A marca fomenta a adopción responsable desde os seus establecementos, onde contan con centros de adopción supervisados por profesionais veterinarios das clínicas Sanitos, e colabora con protectoras, asociacións, refuxios e casas de acollida para atopar un fogar a aqueles animais que polas circunstancias que sexan non o teñen.

Ademais, se atopas un animal extraviado ou abandonado, ou a túa mascota vai ter crías e necesitas atopar novos donos, podes poñerte en contacto con eles a través de adopcion@veterinariasanitos.com e axudaranche no que poidan para lle atopar un novo dono. Nos seus establecementos tamén hai espazos de doazóns nas que os clientes poden facer a súa achega para botar unha man a protectoras locais e ONGs.