Tes un pequeno negocio e buscas visibilidade? A Pop Up de Marineda é o empuxón que precisas!

Se acabas de lanzar un novo produto e queres dalo a coñecer, se es propietario dunha pequena tenda e buscas ampliar os teus horizontes, se necesitas un inmellorable escaparate para as túas creacións ou os teus servizos, temos o espazo que necesitas!

A Pop Up de Marineda é un espazo de aluguer temporal destinado a apoiar a novos empresarios, pemes, emprendedores locais, deseñadores e creadores, que pon á vosa disposición un espazo completamente acondicionado que vos permitirá expoñer e comercializar os vosos produtos no centro comercial de referencia de Galicia. Así o fixeron xa marcas como Paulo Martín, Gisela Kids, Aire retro, Origama, Carrycool Esmek, White Lilly, Vai de perlas, Cuatro pececitos, Nicler, Canada House, Bubo ou El desván de Aran, que comprobaron as vantaxes deste sistema que non require de investimento e permite comezar a actividade desde o minuto 1.

Situada na praza Emilia Pardo Bazán da Planta 0, unha zona privilexiada e de alto tránsito de clientes á beira de firmas como Zara, Oysho, Arenal e O Corte Inglés, é un espazo singular e chave en man que fará que só teñas que preocuparte de dar a coñecer o teu produto ou servizo e aproveitar o escaparate que supón estar no epicentro do principal foco comercial da Comunidade.

Ofrecémosche un espazo totalmente modulable para que poidas adaptalo ás necesidades da túa actividade. Contarás, por suposto, con todas as subministracións necesarias para o día a día, incluíndo mobiliario decorativo e de exposición, electricidade, rede wifi propia, iluminación técnica, fío musical, pantalla led, almacén interior con elementos de soporte e probadores acondicionados.

Ademais, o noso equipo apoiarache deseñando e implementando unha estratexia de comunicación On- Off line consistente na creación de diversas pezas gráficas para colocación e emisión en diversos soportes físicos de Marineda, publicación de entradas anunciando a chegada da marca á Pop Up no blogue, axenda web, APP e canles sociais de Marineda City, así como o envío a medios de comunicación dunha nota de prensa con información relevante acerca do teu negocio e os seus produtos.

Se crees que pode encaixar co teu negocio, non dubides en escribirnos a [email protected] ou chamarnos ao 881 888 888. Escoitaremos as túas necesidades e proporcionarémosche toda a información que precises.