Featured Video Play Icon

Tes un soño? Axudásmosche a facelo realidade

20 de Abril de 2016

E ti, con que soñas? Unha viaxe ao polo norte? Lanzar un proxecto? Cambiar de armario? En Marineda City cumprimos o teu gran soño. ¡Ven e cóntanolo!

Para nós celebrar un lustro ao voso lado é un soño e por iso, en lugar dun aniversario, decidimos festexalo cun cumpresoños. Do 29 de abril ao 12 de maio, pasa polo gran plató dos soños que estará instalado na Praza Elíptica e dinos cal é o teu maior anhelo, ese plan que che fai sorrir cos ollos pechados ou ese proxecto que che fai tremer de emoción. Se es o elixido polo noso xurado, formado por personalidades relevantes da cidade e representantes de Marineda City, axudarémosche a facelo realidade con 5.000€.

¡Pero aínda hai máis! Todos os que pasedes polo noso plató e presentedes un ticket de compra desde 25€ poderedes participar no sorteo dun cruceiro polo Mediterráneo! Ademais se xunto aos tickets de compra presentas a APP de Marineda City no teu móbil ou tablet, levarás un regalo directo gratis. APPtualízate!

O cumpresoños 5º aniversario terá o seu broche final o venres 13 de maio, cando se celebrará a gran gala de entrega de premios, na que tras proxectar os vídeos finalistas, o xurado desvelará cal é o soño que Marineda fará realidade. Ademais, farase entrega do cruceiro ao gañador do sorteo e haberá centos de agasallos para os asistentes ao evento.

Se tes dúbidas, podes consultar a nosa sección de preguntas frecuentes neste enlace e as bases legales aquí.

¡Feliz cumpresoños!