Frinsa
 

Tradición e sabor na Conserveira Pop Up


Ameixas ao natural, bacallau en aceite de oliva, sardiñas da ría de Arousa, paté de troita, zamburiñas en salsa de vieira… O mellor do noso mar espérate na Conservera Pop Up, un establecemento temporal da empresa conserveira fundada en Ribeira en 1961 Frinsa, que acaba de abrir as súas portas na praza exterior.

Cunha coidadísima decoración, entre a que destacan obxectos auténticos cedidos por mariñeiros, nalgúns casos con máis 80 anos de antigüidade, como nasas, redes ou caixas de arenques afumados, neste novo espazo atoparás unha ampla gama gourmet de orixe galega, como os berberechos de Noia ou os famosos mexillóns en escabeche da firma, así como caixas para regalar e outros produtos premium.

Ademais, no espazo celebraranse degustacións e demostracións culinarias ideais para comprobar as posibilidades gastronómicas das conservas, das que vos iremos informando a través da nosa app móbil, web e redes sociais.

Esta nova apertura súmase ás da tenda de camisetas divertidas Friking, a marca de cosméticas Rituals, o restaurante de gastronomía hawaiana Mahalo Poké ou a cadea de estética avanzada Centros Ideal. ¡Marineda crece!