Últimos rasca e gana do Cash Back: como consigo o meu?

Sabes que agora comprar en  Marineda ten premio, porque se gastas 100€ ou máis en tendas do centro regalámosche unha tarxeta de agasallo para un dos nosos establecementos. Entregando no punto de información os teus tickets de compras realizadas entre o 19 de outubro e o 14 de novembro daranche un rasca e gana. Alí descubrirás onde podes gastarte a túa tarxeta agasallo. Todos teñen premio!

Esgótanse as tarxetas e ti aínda non tes a túa! Deixámosche algunhas ideas para aproveitar ao máximo e conseguir a túa.

Redecora o teu salón

Cambiar o sofá, facerte con algún andel mono para darlle un aire novo, ou quizais a cómoda, introducir espellos, coxíns chulos e unha manta quentiña para o inverno… En  Marineda contamos cunha gran selección de tendas de mobles e decoración, e para todos os gustos!

Maisons du monde, A loja do gato preto, Leroy Merlin e Zara Home.

Móntate un mini ximnasio en casa

Non sempre tes tempo para ir ata o gym e queres facer deporte si ou si. Por que non te montas un mini ximnasio na casa? É tan sinxelo como facerte cunhas cantas pesas, unha barra, unhas gomas e unha estreliña. E para o cardio, se estás moi motivadx e non te queres comprar unha bici estática podes conseguir un rodete soporte para a túa bici normal e funcionará como unha de cycling!

Tes todo o que necesitas nos establecementos do corredor de moda e deporte da planta 1, en Decathlon e El Corte Inglés.

Plan familiar de tarde en Marineda

Birlos, sesión de cinema e cea cedo nun dos nosos restaurantes. Ademais, se vas martes ou xoves podes xogar 4 partidas por só 10€. E se o que buscas é un pouquiño de adrenalina, unha carreira de Karting!

Para este plan necesitas: Boleras pleno ou Karting  Marineda, Cinesa e un restaurante da túa elección.

Ármate para a choiva

Sabemos onde vivimos, que non te pille despistadx este ano! Chegou o momento de facerse cun chuvasqueiro e unhas botas por cabeza, que son unha peza moi útil, tivemos un bo adianto estas semanas.

Escolle a túa favorita entre as nosas tendas de moda e calzado.

Fai a compra en Hipercor

E se non é o mes para caprichos, por que non fas a compra do mes en Hipercor? O de sempre, uns básicos e se cadra ata algún antollo…

Tamén podes adiantar as compras Do Nadal, a que non o pensaches?

Xa ves que sinxelo é conseguir a túa tarxeta regalo do Cash Back. Lembra que só podes conseguir un rasca por persoa ao día. A que esperas?