Un entroido diferente: claves para festexar na casa

Este ano tócanos celebrar a festa máis divertida do calendario en casa, pero non por iso imos deixar de gozala como se merece. Pequenos, maiores, irmáns, nais e pais: poñédevos a vosa máscara máis tola e preparádevos para vivir o entroido caseiro máis molón!

  • Non sen o meu disfrace. Se es dos previsores xa terás o teu disfrace preparado e mesmo o terás estreado xa 😉. Poida que sexas dos que lles gusta disfrazarse conxuntados ou dos que fan uns DIY espectaculares. Sexa como sexa, nas nosas tendas como Party Fiesta, Poly, Imaginarium, El Corte Inglés, H&M ou IDKids atoparás inspiración e ideas para grandes e pequenos e, mesmo, para a túa mascota!
  • A maquillaxe, un imprescindible. Agora que xa tes o teu disfrace, necesitas unha boa maquillaxe: bótalles un ollo ás propostas de Sephora ou Kiko Make Up Milano, onde tamén che poderán asesorar para que consigas un make up incrible.
  • Que non falten os accesorios. O disfrace está moi ben, pero nunha festa de entroido que se prece non poden faltar os accesorios: ou ben clásicos como perrucas, lentes xigantes, caretas, narizotas, zapatóns, ou complementos propios como a variña de Harry Potter ou o arco e as frechas do teu outfit de Touro Sentado. Todo isto e máis o podes atopar en Tiger, Party Festa ou El Corte Inglés.
  • E haberá que comer! Que clase de festa non ten algo para comer? Con este tempo apetece un bo cocido, seguido de filloas, orellas… Ou, por que non? A túa burger preferida. Encarga e recolle o teu menú nos nosos locais con take away.

Agora xa só che falta a música, que corre da túa conta e, sobre todo, as ganas de esquecerte de todo e pasalo ben. Feliz entroido!