¡Ven co teu grupo ao skimpark de Marineda City!

Queres probar unha forma diferente de practicar deporte? En Marineda invitámosche a coñecer o noso skimpark e as nosas pistas deportivas para que ti e o teu grupo de amigos poidades pasar unha tarde divertida xogando á vosa disciplina favorita: fútbol, baloncesto, roller, skimboard…

Se pertences a unha asociación, grupo ou colectivo e queres vir probar o planazo do verán totalmente gratis, escríbenos a [email protected] para concertar unha cita.

No teu correo, deberás indicarnos:

  • Nome e ámbito de actuación da entidade.
  • Nome completo e teléfono de contacto do responsable do grupo.
  • Número de participantes, ata un máximo de 10.

Unha vez te poñas en contacto con nós, responderémosche o máis axiña posible para indicarte que día e en que horario podedes vir, en función das solicitudes e as horas dispoñibles. As peticións resolveranse por rigorosa orde de solicitude, sempre dando prioridade a aquelas entidades que non tiveran gozado da invitación anteriormente.

Ten en conta que sempre deberá haber unha persoa maior de idade que se faga responsable do grupo.
Recorda que o horario da zona deportiva de Marineda City é de luns a venres de 16.30h a 20.30h e os sábados de 12h a 14h e de 16.30h a 20.30h.
O prazo de solicitude estará aberto ata o 15 de agosto. Consulta as condicións nesta lizagón.