Verán en Marineda City: música, solidariedade e deporte

31 de Maio de 2017

A música, a solidariedade e o deporte serán os protagonistas do verán en Marineda City. E é que este 2017 teremos unha programación moi especial que comezará o xoves 6 de xullo cun gran concerto solidario a cargo dun dos artistas máis queridos do panorama nacional; Antonio Orozco actuará ás 21h na praza exterior para recaudar fondos en favor da ONG Educo. Neste evento gratuito, o compositor e intérprete fará unha parada na Coruña dentro da súa xira “Destino”, na que fai un repaso da súa extensa discografía. Coincidindo co concerto de Antonio Orozco e ata o 8 de xullo, a praza exterior acollerá unha nova edición do Plateselector Food Tour, un evento que achegará á Coruña a algúns dos mellores foodtrucks nacionais.

Verán solidario
Desde o 28 de xuño e o 6 de xullo, día do concerto de Antonio Orozco, repartiranse pulseras solidarias e, ao mesmo tempo, un equipo de voluntarios realizará unha cuestación para recoller donativos que irán destinados íntegramente ao programa de bolsas comedor de Educo. Ademais, desde o 27 de xuño, celebraremos talleres de debuxo infantís en colaboración con persoal da ONG; os seus traballos estarán expostos no centro xunto cunha obra cedida polo ilustrador Luís Davila e cuxa recaudación irá tamén para os proxectos de Educo.

Unha completa programación de actividades deportivas

O deporte terá unha relevancia especial na nosa programación de verán, con actividades gratuitas ao longo dos meses de xullo e agosto para toda a familia e cuxo epicentro será a praza exterior. Así, do 14 de xullo ao 19 de agosto contaremos un ano máis co único Skimpark de Galicia, un espazo no que practicar skimboard, disciplina derivada do surf e o skate que consiste en deslizarse nunha táboa sobre unha superficie de auga de poucos centímetros realizando trucos e xiros. Tamén do 14 xullo ao 19 de agosto teremos unha pista multisport para a práctica de diferentes disciplinas deportivas como fútbol, voleibol, baloncesto ou. E para finalizar o verán, do 27 de agosto ao 2 de setembro, poderedes gozar dun skate park na praza exterior.