Vive o teu mellor Halloween en Marineda City

Achégase a noite na que os espíritos moven o esqueleto, o día dos vivos vivientes, o tempo en que bruxas, pantasmas e caveiras saen de festa para celebrar a noite máis terroríficamente divertida do ano. Halloween xa está aquí! Xa o tes todo listo? Todo o que necesitas para que sexa perfecta, telo en Marineda City.

Os disfraces máis divertidos. Desde as divertidas coleccións de Halloween de H&M ou Zara Kids  ata as propostas de Imaginarium, Centro Xogo ou Poly, en Marineda City atoparás os mellores disfraces para que o teu peque estea perfecto nesta data.

Truco ou trato? Se algo non poden faltar en Halloween son os doces: faite cos teus packs especiais en Xiana ou Belros. Ademais, en Loops & Coffee prepararon unha caixa con loops decorados para a ocasión.

As mellores actividades. No noso club KIDS tamén celebramos Halloween cunha festa que terá lugar na planta 2 o domingo 28 de outubro a partir das 17.30h. Haberá agasallos e sorpresas para todos os asistentes. E se queres aprender as receitas máis divertidas para sorprender a todo o mundo, apúntate ao showcooking que organizan en IKEA A Coruña o sábado 27 de outubro ás 12h.

Decora a túa casa. Vas organizar unha festa? Nas nosas tendas tes os complementos máis terroríficos para que sexa todo un éxito: cabazas, cráneos, globos pantasma ou guirnaldas de murciélagos para que os teus amigos o pasen de medo.

Menús para morrer… de gusto! En Fan Square propóñennos un planazo para as noites 26 e 27 de outubro, que inclúe unha cea buffet doce/salado, zona vip, sesión disco, barra de coctelería e máis sorpresas. Será de 21h a 0h e podedes apuntarvos na oficina de Fan Square.

E non esquezas botar unha ollada á sección de promocións na nosa web ou app móbil para descubrir as mellores ofertas!