Xa está aquí a Happy Navineda

4 de Decembro de 2017

Co acendido da iluminación o pasado 1 de decembro comezamos unha programación de Nadal con especial protagonismo para o público infantil. Pista de xeo, as visitas de Papá Noel, o Carteiro Real e os Reis Magos, mercado de Nadal, servizo de empaquetado de agasallos… ¡Descobre todo o que temos preparado na Happy Navineda!

Diversión para toda a familia

Ata o 14 de xaneiro, nenos e maiores gozarán de nosa xa tradicional pista de patinaxe sobre xeo na praza exterior e, ata o 5 de xaneiro, os máis pequenos poderán divertirse no noso labirinto, atopar as pistas escondidas e conseguir escapar. Para acceder, só é necesario mostrar a tarxeta Marineda City Card ou a app de Marineda City instalada no móbil.

Mercado de Nadal
Tamén na praza exterior atópase o Mercado de Nadal, que ofrece unha ampla variedade de produtos como coiro, artesanía de Galicia, turróns, xeados artesanais e doces. O mercado pódese visitar ata o 5 de xaneiro, de luns a domingo en horario de 12h a 22h.

Papá Noel, o Cartero Real e os Reis Meigos

E como cada Nadal, Papá Noel, o Carteiro Real e os Reis Magos visitarán o centro para recoller as peticións de todos os nenos. Santa acompañaranos do 16 ao 23 de decembro; trala súa partida, será a quenda do Cartero Real, que estará de 26 de decembro ao 2 de xaneiro e, xa para rematar, as súas Maxestades de Oriente chegarán a Marineda o 3 de xaneiro, onde estarán ata o día 5.

Talleres para os máis pequenos

Este mes de decembro, no Club Kids de planta 2, aprenderemos a crear a nosa propia árbore, deseñaremos as decoraciones máis divertidas e pasarémolo en grande na Festa Especial de Nadal. Todas as actividades terán lugar os sábados e os domingos pola tarde, excepto as fins de semana de Noiteboa e Fin de Ano, nos que a actividade trasládase aos venres 22 e 29. Tamén no Corte Inglés de Marineda City prepararon unha programación chea de actividades para os máis pequenos: así os días 22, 23, 29 e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro (de 17.30h a 20.30h) terán talleres de adornos de Nadal, monigotes de neve, tarriños de neve, maquillaxe de Nadal… Ademais, o 16 de decembro, ás 12h, os integrantes do Coro do Colexio Montespiño ofrecerán unha actuación na planta baixa.

O Nadal máis solidario

A ilusión tamén é compartir cos que menos teñen e por iso no Nadal de Marineda haberá espazo para a solidariedade: do 1 ao 24 de decembro, no noso espazo solidario, acompañarannos dúas entidades de acción social Sorrisos de Bombay e Pai Rubinos-, que estarán recaudando fondos para os seus proxectos.

As túas compras de Nadal, máis cómodas

Como cada ano, queremos facilitarche ao máximo a compra dos teus agasallos de Nadal e por iso contaremos cun servizo de empaquetado. Desde o 11 de decembro ao 5 de xaneiro, pasa polos nosos puntos de información e ¡déixao nas nosas mans! Ademais, abrimos todos os domingos de decembro e o venres día 8, festivo.

Ven a IKEA sen pagar peajes

Se estás planeando unha visita a IKEA, este mes de decembro tes unha oportunidade inmellorable: e é que todos os sábados e domingos de decembro, devólvenche en ticket agasallo impórte das peaxes das autoestradas galegas desde a túa casa a IKEA Coruña. Para beneficiarte desta promoción, só tes que ser posuidor da tarxeta IKEA Family e facer un gasto superior a 120€

Todos os servizos

Como todo o ano contamos con servizo de préstamo de cadeiras de rodas, mochilas portabebés e cadeiras infantís, gardarroupa, costureiro e botiquín portátil, zona de cargadores (planta 1, zona de moda e deporte); caixeiros, prazas de aparcamento para familias, pulseiras de seguridade infantil… E recorda que para que a túa visita sexa a mellor experiencia e estar ao tanto de todas as promociones e novidades, podes descargar nosa app móbil (dispoñible en Google Play e a APP Store) ) e solicitar a Marineda City Card, coa que terás acceso a promociones especiais en máis de medio centenar de establecementos. E se nos visitas desde fóra da Coruña, pide o teu Marineda City Card Tourist, unha tarxeta temporal coas mesmas vantaxes!