“Xogo de Tronos, O Reto” chega a Marineda City

A de Marineda City será a única cita en Galicia desta mostra que nos permitirá penetrarnos no mítico universo creado por George R.R. Martin

A loita polo Trono de Ferro terminou, pero “Xogo de Tronos” continúa moi presente na nosa memoria. E para lembrar os mellores momentos da serie que marcou un antes e un despois na televisión, do 7 ao 15 de xuño chega a Marineda City “Xogo de Tronos, O Reto”, unha experiencia única da man de Vodafone e HBO España que nos permitirá adentrarnos no universo de Poniente e poñer a proba as nosas habilidades e coñecementos da xa mítica ficción.

A de Marineda City será a única cita en Galicia desta mostra, de acceso libre, que conta cunha zona de exhibición con obxectos icónicos do universo creado por George R.R. Martin, tres Escape Rooms, o Trono de Ferro oficial da serie ou unha réplica a escala de Drogon, o máis impoñente dos dragóns de Daenerys.

A exposición

A zona de exposición conta con sete vitrinas únicas onde atoparás algúns dos elementos máis representativos de cada tempada de “Xogo de Tronos”. Para completar a experiencia, poderedes probar o Trono de Ferro, fotografarvos con Drogon, fillo da Nai de Dragóns, ou facervos con premios personalizados da serie xogando nunha ruleta.

Os retos

Adentrarte no Bosque dos Deuses de Invernalia para atopar a daga de Aceiro Valyrio de Meñique e entregarlla a Arya; tomar o rol Qyburn e roubar un libro dos apousentos dun dos potenciais rivais de Cersei en Desembarco do Rei ou axudar a Daenerys a completar o mapa do centro da sala de reunións de Rocadragón para pechar os plans de conquista de Poñente son algúns dos desafíos que nos propón “Xogo de Tronos, O Reto”. Atrévete a entrar en tres dos sete reinos para axudar aos teus personaxes favoritos!